Wednesday 08 de May de 2024

En marcha as obras de mellora da estrada de Lendo que comunica O Cruceiro e Escurido


O tramo obxecto da actuación alcanza os 600 metros de distancia e o orzamento ascende a 39.000 euros.

Xa están en execución as obras de mellora da estrada de Lendo que comunica O Cruceiro e Escurido, sendo por tanto unha das estradas principais da parroquia.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Pablo Cambón y José Ramón Martínez Barbeito, supervisaron hoxe os traballos que se están levando a cabo. O tramo da estrada obxecto das obras alcanza unha lonxitude lineal de 600 metros, que son os que presentan un maior deterioro. A intervención contempla a renovación da superficie de rodadura da calzada e a pavimentación do sobreancho nos puntos nos que así o permite a dispoñibilidade de terreo. Concluirase coa sinalización horizontal e vertical, incluíndo o pintado das liñas dos bordes da vía e os símbolos necesarios segundo o código de circulación.

O orzamento do proxecto alcanza os 39.000 euros que son investidos na mellora das comunicacións e da seguridade viaria nesta estrada de titularidade municipal.